topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456372

Alternativas visuais

js_element_orange
A Plataforma Galega Antitransxénicos inicia nesta semana envíos masivos de mocións aos concellos para a declaración de ZLT PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 de Maio do 2008

Representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) reuníronse co conselleiro do Medio Rural o pasado 18 de abril. Neste encontro, a PGA constatou a falta de compromiso da Consellaría para acada-la declaración de Galiza como Zona Libre de Transxénicos (ZLT), así coma para apoiar inicativas de cara a frear a entrada de organismos modificados xenéticamente (OXM´s) na Galiza.

 

Tras afirmar que non se comprometería a dar un posicionamento público da Consellaría con respecto aos transxénicos, Suárez Canal transmitíu que non haberá listaxes de consulta pública que rexistren que empresas están vendendo productos transxénicos .

 

Neste senso, resulta contradictorio que, sendo imposíbel a coexistencia de cultivos ecolóxicos con cultivos transxénicos, representantes da Consellaría acudiran recentemente a un encontro sobor da necesidade de facer fronte aos OXM´s celebrado en Euskadi, onde manifestaron apostar decididamente pela agricultura ecolóxica.

 

Segundo Suárez Canal, a negativa a publicita-la localización exacta dos cultivos alterados

xenéticamente responde a un principio de protección cara estas multinacionais da alimentación, co cal "asumimos que a Consellaría do Medio Rural é consciente do rexeitamento social maioritario que hai cara os transxénicos".

 

Porén, perante da pasividade, e mesmo permisividade, mostrada pela Administración ao respecto da contaminación transxénica do noso agro, a Plataforma Galega Antitransxénicos inicia nesta semana unha campaña de envío masivo de mocións aos grupos de goberno de tódolos concellos de Galiza solicitando a declaración coma zona libre de transxénicos de cada unha de estas unidades territoriais, na procura da declaración ZLT para a maior superficie posíbel do País.

 

Hoxe -por onte- a Comisión Europea está a celebrar un debate de "orientación" sobor do camiño a seguir en materia de organismos modificados xenéticamente. Nesta reunión abordarase, entre outros puntos, a aprobación dunha patata e varios millos transxénicos para o seu cultivo na UE.

 

Amig@s da Terra, organización pertencente á PGA, vén de denuncia-la influencia dos grupos de presión da industria biotecnolóxica na toma de decisións da Comisión na publicación do informe Las Malas Compañías: Las relaciones entre la Comisión Europea y la industria de los transgénicos.

 
Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.