topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3455183

Quen está conectado?

Temos 2 convidados conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
Cuarta quenda de escolares no albergue das Sinas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 de Maio do 2008

O Proxecto de educación ambiental e promoción do voluntariado, AUGA+MAR, está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia (www.xuventude.net), e conta ademais coa colaboración das Consellerías de Medio Ambiente e de Pesca, así como do INJUVE do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.

 

A súa execución lévase a cabo por un equipo profesional de especialistas biólogos e de monitores de tempo libre, e, na mesma colaboran as empresas, Acuario do Grove e Acquavisión, así como a ONG ambiental Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños-CEMMA.

 

Este programa consta de dous subprogramas orientados a diferentes participantes:

1.- DA AREAGORDA AO MAR MAIOR, onde riqueza das rías e a economía productiva son a idea forza do programa. Este programa está orientado para estudantes de secundaria e lévase a cabo durante a semana, de luns a venres, no albergue das Sinas, Vilanova de Arousa.

 

2.- BAIXO AS ONDAS, onde a conservación será a idea forza, así como a integración do voluntariado e a conservación, a través do programa. Este programa está orientado a xóves de 18 a 30 anos e lévase a cabo no barco Nauja pola Ría de Arousa, as fins de semana.

 

Programa da Areagorda ao mar maior

Realízase en cinco xornadas continuadas, de luns a venres, dende o mes de abril a xuño, en quendas de entre 80 a 100 participantes, lévase a cabo no albergue das Sinas, Vilanova de Arousa. Para iso conta cun equipo de 12 técnicos biólogos e especialistas en tempo libre.

 

A idea forza é a diversidade biolóxica do efecto borde terra-mar e o impacto ambiental das actividades humanas e o desenvolvemento sustentable. Coas actividades desenvolvidas os participantes coñeceran a riqueza biolóxica, as actividades extractivas e a economía produtiva, as áreas mariñas protexidas e as labores de voluntariado sorbe o medio mariño que contribúen á conservación do medio e das especies. Durante as actividades realízanse visitas ao Acuario do Grove, á Ría no catamarán Visión 1, á lonxa e porto do Grove, ao Centro de interpretación da Siradella e ao centro de ensino de acuicultura IGAFA.

 

Participantes desta semana

Os alumnas e alumnos dos centros de ensino medio IES PARALAIA de Pontevedra, IES ESPIÑEIRA de Boiro, CPR JESÚS MAESTRO da Coruña e IES COTOBADE, comparten durante esta semana as actividades nas Sinas. A actividade deu comenzo coa recepción dos participantes o luns as 18:00 h da tarde. Ademais das visitas ao Grove e á Illa de Arousa compartirán a convivencia destes intensos días de traballo ambiental en Vilanova de Arousa ata o vindeiro venres.

 
Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.