|
O Proxecto de educación ambiental e promoción do voluntariado, AUGA+MAR, está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia (www.xuventude.net), e conta ademais coa colaboración das Consellerías de Medio Ambiente e de Pesca, así como do INJUVE do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
A súa execución lévase a cabo por un equipo profesional de especialistas biólogos e de monitores de tempo libre, e, na mesma colaboran as empresas, Acuario do Grove e Acquavisión, así como a ONG ambiental Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños-CEMMA. Este programa consta de dous subprogramas orientados a diferentes participantes: 1.- DA AREAGORDA AO MAR MAIOR, onde riqueza das rías e a economía productiva son a idea forza do programa. Este programa está orientado para estudantes de secundaria e lévase a cabo durante a semana, de luns a venres, no albergue das Sinas, Vilanova de Arousa. 2.- BAIXO AS ONDAS, onde a conservación será a idea forza, así como a integración do voluntariado e a conservación, a través do programa. Este programa está orientado a xóves de 18 a 30 anos e lévase a cabo no barco Nauja pola Ría de Arousa, as fins de semana. Programa da Areagorda ao mar maior Realízase en cinco xornadas continuadas, de luns a venres, dende o mes de abril a xuño, en quendas de entre 80 a 100 participantes, lévase a cabo no albergue das Sinas, Vilanova de Arousa. Para iso conta cun equipo de 12 técnicos biólogos e especialistas en tempo libre. A idea forza é a diversidade biolóxica do efecto borde terra-mar e o impacto ambiental das actividades humanas e o desenvolvemento sustentable. Coas actividades desenvolvidas os participantes coñeceran a riqueza biolóxica, as actividades extractivas e a economía produtiva, as áreas mariñas protexidas e as labores de voluntariado sorbe o medio mariño que contribúen á conservación do medio e das especies. Durante as actividades realízanse visitas ao Acuario do Grove, á Ría no catamarán Visión 1, á lonxa e porto do Grove, ao Centro de interpretación da Siradella e ao centro de ensino de acuicultura IGAFA. Participantes desta semana Os alumnas e alumnos dos centros de ensino medio IES PARALAIA de Pontevedra, IES ESPIÑEIRA de Boiro, CPR JESÚS MAESTRO da Coruña e IES COTOBADE, comparten durante esta semana as actividades nas Sinas. A actividade deu comenzo coa recepción dos participantes o luns as 18:00 h da tarde. Ademais das visitas ao Grove e á Illa de Arousa compartirán a convivencia destes intensos días de traballo ambiental en Vilanova de Arousa ata o vindeiro venres. |