topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3472512

Alternativas visuais

js_element_orange
“Robin Hood o Musical” este venres no Teatro Municipal de Tui PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 de Maio do 2008
  • A cidade acolle unha das dez representacións que haberá en Galicia

Os nenos de 4 a 14 anos son os destinarios do espectáculo que este venres, ás 20h, no Teatro Municipal presenta en Tui Producións Acontrabutaca. Trátase de “Robin Hood o musical”. Este espectáculo forma parte da programación que organiza a Concellería de Cultura de Tui.

 

Xosé Lueiro é o responsable da dirección e a música da obra, na que a escenografía foi realizada por Paco Oti. Dan vida aos persoaxes Nuria Sanz, Patricia Vázquez, Rocío González, Ana Puente e Fran Ameixeiras. Ao longo dunha hora achéganos este musical que narra a historia de Robin Hood acompañado de Little John e Trasno. Tras regresar das cruzadas Robin Hood atópase na vila de Nottingham coa explotación que está a facer dos veciños o príncipe Xoan en ausencia do seu irmán Ricardo. A aparición de Robin Hood cambiará o curso da historia.


Acontrabutaca Producións nace no ano 2007 co gallo de normalizar e complementar a oferta teatral existente na actualidade en Galicia dirixindo as súas propostas escénicas ao gran público.


As entradas para este espectáculo poranse á venda o propio venres, na billeteira do Teatro, a partir das 16.30h ao prezo de 3,5€, 2,5€ con desconto e 2€ para os menores de 12 anos.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.