topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3460338

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
O Concello edita o roteiro de Xosé María Álvarez Blázquez en Tui PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 de Maio do 2008

Ao abeiro das actividades programadas polo Concello de Tui para a celebración do “Ano Xosé María Álvarez Blázquez” vén de saír do prelo un folleto que contén o roteiro cos lugares de Tui vinculados á personalidade e a traxectoria de Xosé María Álvarez Blázquez.

 

O folleto recolle os seguintes lugares:

  • A casa natal no Paseo da Corredoira

  • A casa do Rollo, a residencia familiar durante moitos anos e que é sentida como tal polo membros da familia e que así a teñen evocado en diversos textos literarios.

  • A Escola Graduada de Nenos, onde Xosé María Álvarez Blázquez realizou os seus estudos primarios, e o lugar no que ao longo do curso 1934-35 realizou as súas prácticas como mestre. Nos últimos meses do seguinte curso será mestre provisorio na Escola de Nenos de As Olivas.

  • Os xacementos castrexos de Pazos de Reis e Randufe. Nomeadamente o castro de Cabeza de Francos, que el escavou co grupo Ultreya, baixo a dirección de Manuel Fernández-Valdés Costas.

  • O antigo convento de San Domingos, onde estaba ubicado o Instituto de Segunda Enseñanza, e onde os Ultreyas con Xosé María Álvarez Blázquez á cabeza montaron o Museo de Tui.

  • A inmediata Alameda, onde o 30 de outubro de 1936 foi fusilado seu pai, unha traxedia que obrigará á familia a trasladar a residencia a Vigo no ano 1941.

  • A propia cidade de Tui, protagonista de poemas e de novelas como "Las estatuas no hablan", onde é nomeada como Valmiñán, e o río Miño, unha constante en tantas obras como, por exemplo, "Crecen las aguas".


Coa edición deste roteiro o Concello de Tui quere, en palabras do Concelleiro de Cultura Moisés Rodríguez Pérez, promover o coñecemento dos vínculos estreitos que uniron á figura do escritor e polígrafo homenaxeado neste Día das Letras Galegas coa cidade de Tui realizando un percorrido por diversos lugares de interese do noso concello. Deste xeito vinculamos o patrimonio histórico coa egrexia personalidade de Xosé María Álvarez Blázquez, contribuíndo á posta en valor da súa obra e traxectoria xunto coa promoción do noso conxunto monumental.


A edición deste roteiro é unha máis das numerosas actividades que promove o Concello de Tui neste "Ano Xosé María Álvarez Blázquez". O sábado 17 de maio, ás 17,00 horas realizarse un percorrido polos lugares deste roteiro, unha actividade inxerida na programación da Feira do Libro que nese día se celebrará na cidade.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.