topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3449307

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
O Rosal quédase sen Galescola polas críticas do Alcalde PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 de Maio do 2008
  • Vicepresidencia dá por finiquitados os convenios para a integración das escolas infantís na rede Galescola que os alcaldes do PP criticaron a semana pasada

Anxo Quintana no acto da sinatura do convenio, co alcade do Rosal ao fondo.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, desvinculou aos concellos de O Pino, O Rosal, Vilamartín de Valdeorras, Muíños, Antas de Ulla, As Neves, Lousame e Riós dos convenios asinados o pasado 29 de abril para a integración na rede Galescola das escolas infantís destes municipios, tras as críticas feitas a semana pasada por parte dos seus alcaldes, do Partido Popular, ao acordo conveniado, tres días despois de telo asinado.

 

Nunha misiva, Quintana dá así por finiquitado o convenio con estesoito concellos e a Vicepresidencia dá marcha atrás na integración das súas escolas infantís na rede Galescola.

 

Na mesma carta, o vicepresidente lémbralles a estes alcaldes que "ao igual que dous non pelexan se un non quere, tampouco dous poden acordar se a un lle desagrada", como parece desagradarlle aos rexedores do PP destes oito municipios polas declaracións que fixeron criticando os convenios tan só tres días despois de telos rubricado.

 

Neste senso, o vicepresidente xa comunicou a estes alcaldes que acepta o modelo por eles proposto na rolda de prensa que ofreceron xunto ao secretario xeral do seu partido tres días despois da sinatura do convenio: a publicación de ordes de subvencións anuais, a presentación de propostas pola entidade local e a concesión de axudas en base aos créditos dispoñibles.

 

Para desactivar os temores que ao parecer teñen estes alcaldes, Quintana comprometeuse con eles a garantir que o montante global das axudas que reciban dende o departamento autonómico terán como referencia o percibido por estes concellos no ano 2005 (que eles consideran de referencia), cos respectivos incrementos do IPC.


A continuación reproducimos a carta enviada polo Vicepresidente da Xunta:

Prezado alcalde:

Leo con desagrado e sorpresa en varios medios de comunicación as valoracións verquidas por ti ao respecto do convenio que tivemos a ben asinar o pasado día 29 de abril para a inclusión da escola infantil na rede de Galescolas. Independentemente de calificacións insultantes que a min non se me ocorrería en ningún caso utilizar contigo, decepcióname especialmente que nunca, nin antes, nin durante, nin despois da sinatura do convenio, me tiveses trasladado persoalmente semellantes valoracións cando, como sabes, tivemos ocasión de facelo. A lealdade e o sentido institucional débense demostrar tanto no fondo como na forma.

Sabes que sinto un profundo respecto por todos os alcaldes de Galiza e que o seu parecer e opinión resultan para min moi importantes. É a miña obriga intentar establecer novos modelos de relación institucional que superen as dependencias e tutelas do pasado, pero nada máis lonxe da miña vontade que facelo a desgusto e en contra da opinión dos alcaldes. Dous non pelexan si un non quere e dous non acordan si a algún lle desagrada.

É por isto que, á vista da túa valoración, considérote desvinculado do acordo asinado o pasado día 29, actitude a que en correspondencia eu me sumo para que, en virtude do previsto na lexislación vixente, o convenio de referencia quede sen efecto.

Quero manifestarche igualmente que en materia de Servizos Sociais e Educación Infantil, das que este departamento é competente, é a miña intención continuar a relación institucional co concello que presides polo procedemento que ti mesmo propós: a publicación de ordes de subvencións anuais, a presentación de propostas polas entidades locais e a concesión de axudas con base aos créditos dispoñibles. Ao ser ordes de subvención regradas non che podo garantir cal será a transferencia anual a percibir polo teu concello, pero tes o meu compromiso de que darei instrucións para que o montante global das axudas a recibir dende este departamento, teñan como referencia o percibido polo teu concello para mantemento de programas de servizos sociais e educación infantil do ano 2005, máis as actualizacións de incremento de prezos dende entón.

Esperando poder compracer así os teus desexos de evitar a "asfixia económica", convídoche a porte en contacto coa Secretaría Xeral da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, para a realización dos trámites administrativos aos que houbera lugar.

 

Fonte: GZNación e Vicepresidencia 

Relacionada:  A Guardería Infantil do Rosal integrarase na rede de Galescolas

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.