topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3460350

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
O Kaiak Tudense na Copa de España de promoción PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 de Maio do 2008

Este fin de semana disputarase en San Antoni (Eivissa) a segunda regata da copa de España de promoción, onde o Club Kaiak Tudense desprazará un total de oito padeeiros. O obxectivo dos Tudenses é mellorar o décimo sexto posto alcanzado na anterior regata, fai dúas semanas en Murcia.

 

No plano individual Diego Míguez tratará de meterse outra vez entre os seis primeiros en C1 infantil B, así como Sara Iñarrea que no seu primeiro ano como infantil tratará de seguir coa súa boa progresión. Mentres tanto na categoría muller infantil A, Mónica Araujo intentará resarcirse do envorco sufrido en Murcia logo dunha gran saída entre as primeiras.


De novo en canoa, pero esta vez en infantís A, Samuel Fonterosa e Daniel Fernández tratarán de meterse entre os dez primeiros clasificados.


En k1 infantil A, Pedro Carreira, Braian Ocampo e Roi Rodríguez completan a lista dos de Tui.


No que aos equipos superiores se refire, durante este gran parón competitivo (debido ao Campionato de Europa de Augas Tranquilas), atópase preparando duramente os seus dous próximos obxectivos, o Campionato de España de Maratón a finais de Maio e o Campionato de España Master a finais de Xuño.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.