topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3449721

Alternativas visuais

js_element_orange
As oficinas de información xuvenil da zona organizan por segundo ano consecutivo o certame de fotografía “Viaxando” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 de Maio do 2008

As Oficinas Municipais de Información Xuvenil de Tomiño, A Guarda, O Rosal, O Porriño, Salceda de Caselas e Gondomar, organizan conxuntamente coa Casa da Xuventude Tui e por segundo ano consecutivo, o certame de fotografía “Viaxando”, no que poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. De seguido, publicamos as bases que rexerán este certame.

 

Bases do II Certame de fotografía "Viaxando" 

 

A temática responderá ao título do certame, e as fotografías poderán ser en branco e negro ou cor, cun tamaño mínimo de 18 x 24 e máximo de 30 x 40 cm.


Cada participante pode presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita. Presentaranse sobre soporte ríxido sen marco nin cristal. Os traballos entregaranse en sobre pechado coa indicación "VIAXANDO". Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor e, de ser o caso,  o título da fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado no que figurará o pseudónimo do autor e dentro o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI.


As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o martes 30 de setembro de 2008.


Con tódalas fotografías presentadas, realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os Concellos organizadores, inaugurándose oficialmente no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, o venres, día 17 de outubro de 2008, as 20:00 horas.


A fotografía premiada quedará en propiedade da organización. As non premiadas poderán recollerse no prazo dun mes desde a finalización das exposicións. Pasado este prazo, pasarán a ser propiedade da organización que se reservará todos os dereitos sobre as mesmas.


O xurado estará integrado por membros da organización ou persoas nas que deleguen, e o fallo do xurado farase público o día 10 de outubro de 2008, difundíndose nos medios de comunicación así como por teléfono á persoa premiada.


O xurado poderá declarar deserto o premio.


Concederase un único premio consistente nunha cámara dixital, o mesmo que na primeira edición, á que se presentou unha trintena de traballos.


A participación no certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.