|
O Banco de Terras de Galiza contará cunha fórmula para o establecemento dos prezos de referencia máximos para as transaccións das fincas rústicas titularidade do Bantegal, acordada coa Comisión Técnica de Prezos e Valores.
As edificacións, construcións e instalacións, cando deban valorarse con independencia do solo, taxaranse polo método de custe de reposición segundo o seu estado e antigüidade no momento ao que deba entenderse referida a valoración. As plantacións e as sementeiras preexistentes, así como as indemnizacións por razón de arrendamentos ou doutros dereitos, taxaranse conforme aos criterios das Leis de Expropiación Forzosa, de Arrendamentos Rústicos, e de Conservación da Superficie Agraria Útil e do Banco de Terras de Galiza. O sistema de determinación dos prezos que servirán de valores tipo de referencia para os alleamentos de fincas rústicas titularidade da Sociedade Anónima Xestora, Bantegal, que estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2008 executarase coa aplicación da seguinte fórmula:  Vf: Valor do predio N: Período de capitalización Ptc: Prezo tipo cesión arrendamento (Rend. potencial = Ptc/5%) i: Tipo de capitalización Ea: Coeficiente estado agronómico Óptimo Ea = 1,00 Medio Ea = 0,80 Normal Ea = 0,90 Baixo Ea = 0,70 Coa aprobación desta fórmula polo Consello da Xunta, o Bantegal dispón dos prezos de referencia tanto para alleamentos como para os arrendamentos, que xa entraron en vigor en novembro 2007, destinados a favorecer o incremento da base territorial das explotacións agrarias galegas e un mellor aproveitamento da superficie agraria útil de Galiza. |