topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3456531

Alternativas visuais

js_element_orange
Medio Rural aproba o sistema de determinación de prezos-tipo para os alleamentos de fincas rústicas do BANTEGAL PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 de Maio do 2008

O Banco de Terras de Galiza contará cunha fórmula para o establecemento dos prezos de referencia máximos para as transaccións das fincas rústicas titularidade do Bantegal, acordada coa Comisión Técnica de Prezos e Valores.

 

As edificacións, construcións e instalacións, cando deban valorarse con independencia do solo, taxaranse polo método de custe de reposición segundo o seu estado e antigüidade no momento ao que deba entenderse referida a valoración.


As plantacións e as sementeiras preexistentes, así como as indemnizacións por razón de arrendamentos ou doutros dereitos, taxaranse conforme aos criterios das Leis de Expropiación Forzosa, de Arrendamentos Rústicos, e de Conservación da Superficie Agraria Útil e do Banco de Terras de Galiza.


O sistema de determinación dos prezos que servirán de valores tipo de referencia para os alleamentos de fincas rústicas titularidade da Sociedade Anónima Xestora, Bantegal, que estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2008 executarase coa aplicación da seguinte fórmula:


 

formula


 

Vf: Valor do predio

N: Período de capitalización

Ptc: Prezo tipo cesión arrendamento (Rend. potencial = Ptc/5%)

i: Tipo de capitalización

Ea: Coeficiente estado agronómico

Óptimo Ea = 1,00 Medio Ea = 0,80

Normal Ea = 0,90 Baixo Ea = 0,70


Coa aprobación desta fórmula polo Consello da Xunta, o Bantegal dispón dos prezos de referencia tanto para alleamentos como para os arrendamentos, que xa entraron en vigor en novembro 2007, destinados a favorecer o incremento da base territorial das explotacións agrarias galegas e un mellor aproveitamento da superficie agraria útil de Galiza.

 
Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.