topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3449246

Quen está conectado?

Alternativas visuais

js_element_orange
PSOE E BNG rexeitan a proposta do PP para a creación dunha indicación xeográfica protexida para o kiwi de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 de Maio do 2008

Os deputados do PSOE e do BNG rexeitaron onte na Comisión de Agricultura do Parlamento unha proposición non de lei na que o deputado popular César Pérez Ares reclamaba unha indicación xeográfica protexida para o kiwi galego. Das 500 hectáreas dedicadas actualmente ao cultivo do kiwi, a comarca do Baixo Miño concentra 350 hectáreas.

 

O deputado popular acudiu á Comisión de Agricultura do Parlamento cun lote de kiwi do Baixo Miño, que distribuíu entre deputados e xornalistas para que puidesen comprobar, en primeira persoa, as virtudes dunha froita que reúne numerosas propiedades nutricionais, entre as que destacou a elevada achega de vitaminas C. E máis E. Para Pérez Ares, o kiwi pode considerarse a "aspirina natural galega", dadas as numerosas propiedades que posúe.


Pérez Ares considera contraditoria a postura mantida na Cámara autonómica por socialistas e nacionalistas, que mesmo chegaron a recoñecer a relevancia da produción e a calidade do kiwi galego. Ante a negativa de PSOE e BNG a apoiar a proposta, Pérez Ares anuncia que en datas próximas formulará unha nova iniciativa para demandar que o kiwi galego sexa recoñecido cunha marca de calidade, a través do Instituto Galego de Calidade, ao abeiro do Lei de Promoción e Defensa da Calidade Alimentaria Galega.


O deputado popular considera que a actitude mantida hoxe polos socios do bipartito constitúe un duro golpe para os produtores de kiwi de Galicia, que o pasado outono perderon arredor do 70% da colleita anual por unha xeadas temperás, a escasos días da recolección da froita. Algúns produtores chegaron a perder o 100% da plantación.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.