topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3610374

Alternativas visuais

js_element_orange
A Biblioteca municipal continua celebrando o “Mes dos libros” PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 10 de Maio do 2008

TrinkeA Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa a desenvolver a súa programación de actividades en torno ao mundo dos libros e a lectura que celebra do 23 de abril ao 17 de maio. Desta volta dúas novas iniciativas centran o interese: una exposición de libros realizados polos alumnos do CEP de Guillarei e unha nova sesión de contacontos para rapaces ata os 8 anos titulada “Unha de ratos na Biblioteca Municipal” a cargo da Compañía “Trinke Trinke” da Coruña.

 

Exposición "Creando libros" até o 17 de maio

No espazo anexo da Sala Municipal de Exposicións podemos contemplar ata o vindeiro 17 de maio unha pequena exposición titulada "Creando libros" que recolle os libros realizados integramente, tanto o texto como o seu soporte físico, polos alumnos dos diversos niveis educativos do CEP da Gándara - Guillarei. Nas obras expostas pódese contemplar a capacidade creativa dos alumnos deste centro de ensino, que quixeron achegar á Biblioteca Municipal os seus traballos, os seus libros.


Contacontos Trinke-Trinke o martes ás 18.30h

Tamén a Biblioteca completa as súas actividades do Mes dos Libros, e como anticipo á celebración da Semana do Libro e a Lectura, cunha nova sesión de contacontos para os seus usuarios máis pequenos a cargo da compañía "Trinke-Trinke" que presentará o seu espectáculo "Unha de ratos na Biblioteca", onde os ratos de Lonxedetodo achéganse á sección infantil da nosa Biblioteca para compartir cos nenos e nenas os seus contos e aventuras e de paso levar emprestados novos contos para a súa casa.


Esta actividade terá lugar o martes 13 de maio ás 18,30 horas na Biblioteca Municipal de Tui e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.


Para o responsable de cultura do Concello de Tui esta nova actividade da Biblioteca tudense exemplifica o importante labor que este centro ven desenrolando a prol da promoción do libro e a lectura entre os cidadáns máis cativos de Tui. Unha oferta que lembra Moisés Rodríguez Pérez resultou finalista do Premio de Animación Lectora "María Moliner" no ano 2007 á mellor labor bibliotecaria, e que se completará coa celebración da Semana do Libro e a Lectura na Biblioteca tudense entre os días 18 e 24 de maio.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.