topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3610299

Alternativas visuais

js_element_orange
Presentación dos actos da “Primavera Cultural” en Tomiño PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 10 de Maio do 2008

A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño e a dirección do CEP Pedro Caselles Beltrán, de Tomiño, presentarán o vindeiro mércores, día 14 de maio, os actos da Primavera Cultural organizada polo centro educativo coa colaboración do Concello como parte da conmemoración do Día das Letras Galegas.

 

Na rolda de prensa, que terá lugar ás 13 horas no propio colexio, daranse a coñecer as actividades e obradoiros que desenvolverán durante a semana do 19 ao 23 de maio, cinco escultores da zona coa participación do alumnado.

 

Estarán presentes o subdirector xeral de Centros da Consellería de Educación, Carlos Encisa; o director do CEP Pedro Caselles Beltrán, Fernando Garrido Figueras, o Concelleiro de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, Jesús Castiñeira Diz, e algúns dos artistas participantes nas actividades.

 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.