topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473601

Alternativas visuais

js_element_orange
A auga das fontes da Cal e de Buxán aptas para o consumo humano PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 10 de Maio do 2008

Segundo informa en nota de prensa a Concellería de Servizos do Concello da Guarda, a auga das fontes da Cal, de Buxán e a de Pintán, son potables e polo tanto aptas para o consumo humán.

 

"Unha das principais preocupacións e prioridades que ten a Concelleria de Servizos é a de garantir que a auga que consome a poboación guardesa reúna tódalas candicións de potabilidade que sexa segura para a saúde. Por iso ,ademais dos controis exhautivos que se levan a cabo coa auga da traída municipal, tamén se fan analíticas das fontes públicas" afirma o responsable deste departamento, Paulino Rodríguez.


Probablemente a fonte máis usada pola cidadanía guardesa para coller auga sexa a Fonte da Cal que, como era sabido de todos pola información que nela se poñía, non era potable nos últimos meses. Foi grazas ós traballos que se levaron a cabo no propio manantial da fonte, coñecido como Mina dos Paxaros, así como na canalización dende a mina ata a fonte, que agora se pode afirmar que a auga da Fonte da Cal é potable e reúne tódalas condicións esixibles para que sexa apta para o consumo.


Hai outras tres fontes, ademais da da Cal, que teñen auga de total garantía e potabilidade: a de Pintán, a do Torroso (diante da Casa de Montes de Salcidos) e a da Praza de Buxán ,que se incorpora ás potables despois das últimas analíticas.


Pola contra as fontes da Piollosa, A Marina e Fedorento teñen augas non potables para o consumo humán.


O concello seguirá informando sobre a potabilidade das augas das súas fontes coa pretensión de garantir a saúde dos cidadáns e seguirá traballando para recuperar , nas fontes onde sexa posible, a potabilidade das augas.


 
< Ant.   Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.