topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Iniciar Sesión






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha

Estatísticas

Visitantes: 3472069

Quen está conectado?

Temos 2 convidados conectados

Alternativas visuais

js_element_orange
Campaña de Galiza Nova para que a xente nova se comprometa co futuro da lingua galega PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 10 de Maio do 2008
  • “Por que lle tes medo ao galego? Atrévete” tenta desterrar os prexuízos e tópicos sobre a lingua que aínda persisten na mocidade

 

Galiza Nova porá en marcha no Baixo Miño a campaña “Por que lle tes medo ao galego? Atrévete” que foi presentada a semana pasada en Compostela. A campaña consistirá na pega de carteis en tódalas localidades da comarca, e ten como obxectivo promover o uso da lingua galega entre a xente nova.

Baixo o lema "Por que lle tes medo ao galego? Atrévete" a campaña pretende, en palabras da Secretaria Xeral, Iria Aboi, "que a mocidade galega se comprometa co futuro da lingua usándoa na súa vida diaria, así como loitar contra os prexuízos e tópicos contra o galego que aínda perviven na xente moza". Ademais, anima á mocidade a participar na manifestación do 18 de Maio en Santiago de Compostela a prol do idioma que organiza a Mesa pola Normalización Lingüística.


"As administracións públicas deben garantir o dereito a utilizar a lingua galega"

Neste sentido, a secretaria xeral de Galiza Nova defendeu "o dereito básico a utilizar o idioma nacional de Galiza, o galego, en todos os ámbitos da vida pública, un dereito que as Administracións Públicas deben garantir, incluídos os concellos", ante os continuos atrancos para vivir en galego.


Puxo como exemplo que a imposibilidade de ver cinema en galego ou de estudar na nosa lingua. E aportou datos: ningunha universidade galega supera o 20% de aulas en galego ou a vertixinosa perda da lingua entre a mocidade urbana (só o 1,6 da mocidade de Ferrol ou o 4,3% da de Vigo tivo o galego como primeira lingua).


"Máis de 30.000 dípticos, conferencias, ciclos de cinema....."

En canto á campaña de Galiza Nova para fomentar o compromiso da mocidade co galego, o responsabel comarcal, Xosué Campos Laxes, detallou que se repartirán milleiros de dípticos; colocaranse cartazes polas rúas, bares, institutos; enviáronse cartas co material de campaña a todos os representantes de alunos de centros públicos e concertados; e organizáronse charlas en tódalas localidades da comarca, e despregaranse faixas cos lemas "En galego temos dereito" e "Vive en Galego"en tódalas localidades da comarca ao longo do mes de maio, usando este coma mes do galego.


"As organizacións que se din defensoras do bilingüismo o que pretenden é manter a situación de inferioridade do galego"

Por último, a secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, criticou a "aquelas organizacións que se din defensoras do bilingüismo cando o que realmente pretenden é manter a diglosia, a situación de inferioridade social e xurídica do galego, e mesmamente a súa desaparición", por todo isto animou " a todas as mozas e mozos a participar da manifestación que sairá da alameda de santiago o domingo 18 de Maio". O responsábel comarcal de Galiza Nova, Xosué Campos Laxes, informou de que dende a Comarca do Baixo Miño sairan autobuses até Compostela. A hora de saída será aproximadamente ás 9:30 dende a Guarda e unha media hora despois parará na Corredoira de Tui (na parada habitual dos autobuses). o bus voltará despois de comer.

 
Seg. >
Image
 
arela Xoería Creativa
 
Filminho
 

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 

Enquisa

Consideras que o uso do castelán está en perigo en Galiza?
 
Que deseño de InfoRosal.com te gusta máis?
 

Recomendamos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
 
Consulta o custe da
Guerra de Irak

Coñece os gasto da guerra de Irak
 
 
   Por un Estado laico

 Asina contra as Patentes do sofware

 
 
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.