|
Este venres a música portuguesa máis internacional, o fado con António Zambujo, naceu em Setembro de 1975, en Beja. Creceu entre os cantares alentejanos, cantares eses que máis tarde virían a ter influencia na súa formación músical.
Finalizados os seus estudos de clarinete, mudouse para Lisboa. Pouco despois, participou no músical "Amália". A obra estivo en cartaz durante catro anos en Lisboa, para despois percorrer todo Portugal. En 2002, edita o seu primeiro traballo discográfico, "O mesmo fado", no cal as influencias músicais do Alentejo son evidentes. Neste mesmo ano recibe o premio de "Melhor Nova Voz do Fado". Dous anos máis tarde edita o seu segundo disco, "Por meu cante", no cal profunda nas súas raíces alentejanas, recuperando temas do cancioneiro da sua rexión natal para fundilas con novas tendencias do fado. En 2006, gaña o premio Amália Rodrigues (outorgado pola Fundação Amália Rodrigues") na categoría de "Melhor Intérprete Masculino de Fado". Actualmente, António Zambujo tense presentado no estranxeiro (Toronto, París, Santander, Saraxevo, Zagreb e Londres (seleccionado pola Fundação Calouste Gulbenkian para o Festival Atlantic Waves). No ano 2007, lanza o seu terceiro álbum "Outro Sentido", con produción músical de Ricardo Cruz e a participación especial das Vozes Búlgaras Angelite. En "Outro sentido", António Zambujo canta e sente o fado á súa maneira, e recrea clásicos da música de Portugal e do Brasil. O disco está composto por 13 temas, entre os cales hai algúns fados "clásicos" como "Amor de mel, amor de fel". Este fado, composto por Amália Rodrigues e Carlos Gonçalves é un dos preferidos de António Zambujo. António Zambujo, dono dunha voz pouco común nos medios fadistas e dunha extrema sensibilidade na súa interpretación é, sen dúbida, unha sólida referencia a ter en conta cando se fala do fado masculino. Preséntase por primeira vez na Galiza, no Bar Liceum do Porriño. Será o venres 16 de Maio as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios |