topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3609414

Alternativas visuais

js_element_orange
Hoxe preséntase o libro “Xosé María Álvarez Blázquez e Tui” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 14 de Maio do 2008

Portada do libroHoxe ás 20,00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Museo Municipal (antigo Convento de San Domingos) o acto de presentación do libro editado polo Concello de Tui titulado “Xosé María Álvarez Blázquez e Tui: Da vella casa ao corazón aberto”.

 

Esta publicación recolle unha escolma de traballos, case todos inéditos, realizado por Xosé María Álvarez Blázquez e relacionados directamente coo súa cidade natal. Hai especialmente traballos de investigación en materia de arqueoloxía e etnografía, salienta a memoria sobre as escavacións no xacemento de Cabeza de Francos, ou o inventario do Museo de Tui ou unha recollida de palabras específicas da lingua do Baixo Miño.


Amais o libro inclúe un estudio introdutorio a cargo de Rafael Sánchez Bargiela, historiador e técnico municipal de biblioteca e arquivo, que se encargou tamén da compilación dos traballos de Álvarez Blázquez e da súa edición. Complétase a publicación cun epílogo realizado pola escritora Marga Romero Lorenzo do Val.


Para o concelleiro de Cultura tudense Moisés Rodríguez, coa edición desta publicación o Concello de Tui quere patentizar como Xosé María Álvarez Blázquez traballou na investigación sobre Tui e a súa bisbarra realizando valiosas achegas que agora, pro vez primeira, serán publicadas. O concelleiro agradece a colaboración da familia Álvarez Cáccamo ao permitir a reprodución deste material inédito pois deste xeito se enriquece a bibliografía sobre a nosa cidade. A edición deste libro forma parte do amplo programa de actividades impulsado pola Concellería de Cultura tudense para conmemorar o "Ano Xosé María Álvarez Blázquez".


No acto de presentación do libro participarán a escritora Marga Romero Lorenzo do Val, o historiador Rafael Sánchez Bargiela e o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez.


 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.