topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473408

Alternativas visuais

js_element_orange
A mensaxe de Bolivia PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 de Xullo do 2005
Moncho F. LealA mensaxe de Bolivia

Moncho Fernández Leal

O dimisionario e breve candidato a presidente de Bolivia, Hormando Vaca Díez, empezou a ser coñecido internacionalmente cando logrou no Senado, que presidía, facer unha lei que outorgaba total impunidade ás tropas de EE.UU., que cometeran delitos de xenocidio. Non prosperou porque ficou bloqueada no Congreso.

Denominaba minoritarias a unhas mobilizacións que lograron cortar catro de cada cinco camiños, cercar catro grandes cidades no país. Pensaba, coma o seu antecesor Carlos Mesa, só na xente que lle interesa, a poboación branca.

Da crise de Bolivia, por suposto aínda no comezo, sacan os pobos do sur exemplos a seguir. Personifican nos oligarcas que gobernan o rexeitamento absoluto a un modelo económico e social que só conta co país coma reserva natural, coma terreo onde extraer materias primas. Paisaxe sen paisanaxe. As cifras da macroeconomía, as que falan de crecemento económico, non afectan á maioría da poboación, porque os beneficios non se reinvisten en política social. Un tercio da poboación pasa fame, outro tercio non ten o mínimo para vivir con dignidade.

No século XVI a aparición dun xacimento de prata, que beneficiou unicamente ao imperio español, na localidade de Potosí, fixo que historicamente se alcume con ese nome as riquezas que aparecen de xeito desmedido.

O Potosí actual é o gas e os hidrocarburos, que administran Repsol, British Petroleum, Total, Shell, Enron e Petrobras. Mulitinacionais que manexan os fíos de poder en colaboración coa embaixada dos EE.UU.

Bolivia pode ser unha chave para saber se os pobos do sur, paralizados pola débeda externa, son quen de vencer e garantir o seu futuro. A América Latina e indíxena, mentres, vai camiñando.
 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.