topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3615782

Alternativas visuais

js_element_orange
A LOITA DO ALCA PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 27 de Novembro do 2005

ImageA LOITA DO ALCA

Moncho Fernández Leal

A derrota das pretensións comerciais de EE.UU. no Cumio das Américas evidencia que algo está pasando nese continente. Xa non só na rúa, onde unha multitude se manifestou en contra da presencia de Bush na Arxentina, senón mesmo nos palacios de goberno, nas mesas de protocolo. O ALCA, tal e coma foi concebido, xa non vai existir.

Lembremos que o proxecto da Área de Libre Comercio das Américas, o ALCA, fora levado adiante dun xeito elitista, case clandestino, sen contar con ningún parlamento, nunhas conversas só entre gobernos e que mesmo non foi traducido en moitos casos da súa lingua orixinal, o inglés.

Os EE. UU., integristas do liberalismo económico no mundo, practica o máis férreo proteccionismo para as súas importacións. Os subsidios á súa agricultura son o motivo principal das discordias cos países participantes no Cumio. Saben que enfronte non hai calquera alternativa: os países do MERCOSUR: Brasil, Arxentina, Uruguay e Paraguay, aos que se unirán Chile e Venezuela. A República de Cuba, marxinada das reunións oficiais, si estivo presente nas manifestacións e actos alternativos. O importante movemento popular que hai en toda América representa a esperanza de reverter a frase de Monroe: “América para os americanos”. Que pase a significar que americanas son todas as persoas que viven no continente, non só as de EE.UU..

O ALBA, Alternativa Bolivariana das Américas, defende a diversificación da producción, a protección de sementes crioulas, a soberanía alimentar, a agricultura sostíbel, a reforma agraria. Hai xa expoñentes do que poden facer os países xuntos. Velaí Telesur, cadea internacional de televisión que une a Venezuela, Cuba, Arxentina e Uruguay.

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.