|
Luns, 28 de Novembro do 2005 |
|
México e Venezuela
Isaac Bigio Os dous países que están nos extremos xeográficos do Caribe hispano tamén se atopan hoxe nas extremas políticas da nosa rexión. Ambos colosos petroleiros enfróntanse polas súas relazóns ante EEUU. México, que posúe unha grande tradición de choques co seu viciño do norte, agora ten, por primeira vez desde a revolución mexicana, un presidente da dereita tradicional.
Se Fox rompeu o monopolio do Partido Revolucionario Institucional, Chávez quebrou a herdanza de manter cercanías con Washington por parte dos dous grandes partidos venezolanos: os socialdemócratas e os socialcristianos. Mentres México busca distanciarse da súa historial revolucionaria, Venezuela promove unha "revolución bolivariana" que fala de "socialismo" e antiimperialismo". Se Fox busca concretar con EEUU o Acordo de Libre Comercio das Américas (ALCA), que consolide un mercado pancontinental e obstaculice a competencia china, Chávez quere un bloco latinoamericano con Balde, autónomo de EEUU e con boas relazóns con China e Irán. Isaac Bigio – www.bigio.org "O autor non pode ver desde o 10 de setembro ao seu fillo José quen se atopa raptado" |