topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3473882

Alternativas visuais

js_element_orange
Alegre apocalipse PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 de Xaneiro do 2006

ImageAlegre apocalipse

Gustavo Luca

A grande discrepancia da socialdemocracia alemá coa direita do CDU e cos norteamericanos foi a oposición á guerra contra Iraq. E non por audacia de Schroeder senón por débedas cos seus socios de governo.

Schroeder estaba no poder dende outubro do 98. No 99, o ministerio de Relacións Exteriores avisou aos da OTAN, é dicer, aos norteamericanos, que os serbios preparaban un xenocidio. Haberá maneira de probar un propósito tan desmesurado? Non era preciso. Valeu de pretexto para os norteamericanos bombardearen Cosovo e de paso mellorar a posición estratéxica de Alemaña nos Balcáns, con regreso ás posicións perdidas en 1918. No entanto vendían maquinaria, equipas e bens de consumo a Iraq. Eran o seu fornecedor principal. A cambio de defenderen a política de Bush nos Balcáns vendían excedentes a bon prezo no Iraq, como xa fixera antes Helmut Khol. Quen podía crer na cara de escravo das pirámides de Javier Solana poñendo os cachotes dunha política exterior imposíbel? As relacións exteriores da UE facíanse con bombas disparadas polos norteamericanos sobre a poboación de Cosovo.

Polo tanto hai que agradecer a Schroeder que non estivese nas Azores sen esquecermos que non tardou nin un mes en apuntarse á famosa reconstrucción do Iraq para poder cobrar as facturas atrasadas. Esta parece a esencia da política exterior do xefe de governo caído e a explicación do anuncio dos socialdemocratas alemáns de que van governar coa dereita. É unha transición do SPD que non atravesa un agónico congreso no que se proclame que o camiño máis curto para a sociedade socialista pasa pola intensiva acumulación capitalista. Non é preciso. Convócase o povo a consulta e con independencia dos resultados (a maioría do Parlamento renovado é de esquerdas) fórmase governo con Ánxela Merkel, tamén coñecida coma a Margaret Thatcher de Alemaña, que será a encargada de completar a reconversión do sistema público xermano, xa acometida por Schroeder. De camiño, Merkel fará as paces con Bush, quer dicer, a guerra contra Iraq.

A diferencia coa desfeita de 1873 e a grande crise de comezos dos 20 é que a esquerda volveu para durar na política alemá algo máis que Schroeder e Merkel. É un dos réditos da reunificación, quen o diría.(Publicado en ANT)

 
< Ant.   Seg. >

Colaboradores


   
 Rudesindo Soutelo Marta Dacosta
Silvio Falcón Marga do Val
 
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.