|
Sendeiro islamista
Isaac Bigio Para Bush Hamas e Al Qaeda son dous dos catro peores terrorismos islámicos. Agora o primeiro chega ao poder en palestina; non mediante as armas se non mediante as urnas. Hamas gañou ampla e inesperadamente unhas eleizóns incentivadas por EEUU.
A menos de 5 anos do inicio das guerras contra o terror, o intervencionismo demostrou que acaba fortalecendo ao fundamentalismo islámico. Sharon ao bombardear palestinos e asasinar xefes do Hamas axudou a transformar a este no partido que aglutinou máis do 50% do lexislativo palestino. Se en Perú SL nunca lanzou bombas humanas e tampouco gañou o corazón das maiorías, en Palestina Hamas fixo ambas as dúas cousas. A dureza de Washington axudou a que gañen os máis radicais en Iran e que medre o nacionalismo chiita en Iraq e Líbano. Isto, á vez, contribuíu a que a esquerda vaia gañando gobernos sudamericanos. Israel e EEUU non poden descoñecer o trunfo do Hamas nin reocupar Gaza. Hamas, pola súa parte, fai un ano que non ataca e pode garantir unha maior tregua. As eleizóns israelís de marzo probabelmente dean paso a unha coalición da dereita conciliadora (Kadima) e o laborismo. En vez de ir cara unha paz formal feita polos pombos de ambos bandos (laboristas hebreos e Fatah palestino) pode que se chegue a unha difícil e conflictiva convivencia entre os duros de ambos campos (sharonistas e Hamas), o cal, á postre, podería dar paso cara a un certo amaño. (*) Isaac Bigio é analista internacional de orixe tanto árabe como xudeu. É o columnista latino máis publicado na rede. Ensinou na London School of Economics. Desde Setembro busca ao seu fillo maior José Bigio que se atopa raptado. |