topleft
topright

Arquivo

Hemeroteca

Coñece....

O Baixo Miño

Servizos

Estatísticas

Visitantes: 3610206

Alternativas visuais

js_element_orange
A IMPORTANCIA DE BOLIVIA PDF Imprimir Correo-e
Martes, 07 de Febreiro do 2006

ImageA importancia de Bolivia

Moncho Fernández Leal

A vitoria do MAS, Movemento ao Socialismo, nas eleccións de Bolivia representa moito en América Latina. Por primeira vez na historia contemporánea o continente terá un presidente indíxena, Evo Morales. Este dirixente leva anos no primeiro plano na loita, interseccionando reinvindicacións labregas, obreiras e indíxenas.

É reveladora tamén a xira que, antes da toma de posesión do cargo, fixo o futuro presidente boliviano. Dende visitar territorios amigos, coma Cuba e Venezuela, ata hipotéticos socios comerciais, coma España, Francia ou China. Distanciamento ante o imperio dos EE.UU.. Non vai ser fácil para o MAS gobernar un país empobrecido pola política neoliberal de gobernos que semellaban vicerreinados, onde se favoreceu a entrada de empresas multinacionais sen prestacións á comunidade. Cando un país coma Bolivia protagoniza unha solución alternativa colectiva representa unha esperanza para outros países do continente e unha ameaza para o mundo unipolar que sempre prefire a solución individual da migración non organizada e illada nos países onde emigran. A consideración dos países desenvolvidos coma paraísos confronta unha realidade que amosa a cada máis diferencias entre unha minoría que vive amurallada e unha maioría sen personalidade social.

Os cambeos de goberno que está a vivir o continente teñen coma característica común que son procesos singulares, que non imitan a outros e que teñen un carácter frontista. Dende os anos sesenta non se vivía a nivel mundial unha situación tan proclive a unha transformación radical nas relacións entre países. A figura do Che Guevara, asasinado pola CIA hai case 40 anos no país boliviano, está máis viva ca de Barrientos, presidente daquela dos soldaditos bolivianos.

 
< Ant.   Seg. >
Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
(c) InfoRosal 2005 - 2008.
Resolución recomendada 1024 x 768 píxeles.