InfoRosal.com

Volver a InfoRosal.com :: Ir a Reportaxes


Inauguración da II Mostra de Teatro do Miño

Reportaxe de InfoRosal.com

24 de abril de 2008

cartazO pasado xoves, día 24 de abril, tivo lugar no Centro Goianés (Goián- Tomiño) o acto de inauguración da Segunda Mostra de Teatro do Miño.  O acto foi conducido por Ana Fernández Ordóñez, representante do Centro Goianés e da Asociación Cultural Feixó de Araúxo, organizadora da Mostra, e por André Martíns, representante da Asociación Morraceira, organizadora do Festival Filminho, Festa do audiovisual galego e portugués.

No acto de inauguración, que foi moi dinámico e no que se intercalou música a cargo do cantautor guardés, Tino Baz e do portugués Francisco Presa, que interpretou dous temas do Zeca Afonso, agradeceuse ás persoas, entidades e empresas que fixeron posible este acontecemento.Entre as persoas que asistiron a apoiar e respaldar esta iniciativa, encontrábase o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará Torres, que recibiu un especial agradecemento por ter apostado pola Mostra dende o principio, a delegada provincial de Cultura, Mª Xesús López Escudeiro e o subdirector xeral de Centros, Carlos Encisa. En representación do Concello de Tomiño, estiveron a alcaldesa, Sandra González, que  deu a benvida a tódolos asistentes, o concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira, o concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez e o concelleiro de Xuventude, Xaquín Villadangos. En representación do concello de A Guarda asistiron o concelleiro de Educación e Cultura, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, e a concelleira da Muller, Carmen Mª Castro. A Cámara Municipal de Caminha, que este ano se incorporou á Mostra, estivo representada polo seu Vereador da Cultura, Paulo Pereira, que colaborou coa comisión organizadora da Mostra en representación de Caminha, representantes das empresas colaboradoras e numeroso público que disfrutou do acto.

O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará Torres, intervíu destacando a importancia deste tipo de iniciativas como fomento da cultura, manifestando a súa satisfacción pola continuidade e consolidación da Mostra, manifestando a súa satisfacción polo salto cualitativo dado, augurando un próspero futuro para a Mostra.

Ana e André, logo de destacar a figura de Feixó de Araúxo, procederon a dar paso a un grupo de danza de alumnos do IES a Sangriña que protagonizaron un momento máxico coa interpretación dunha danza baseada no entremés de Feixó de Araúxo creada especialmente para a ocasión pola Profesora do IES da Guarda, Susana Salvador.

Logo de tres días de intensa actividade e de representacións no Centro Goianés, no IES A Sangriña e en Caminha, a II Mostra de Teatro do Miño, puxo fin a súa segunda edición onte, domingo día 27 de abril, cun grande éxito de asistencia de público.


presentadores

André Martíns e Ana Fernández, presentaron o acto.

Tino Baz

Tino Baz, nun momento da presentación.

Sandra González

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, nun momento da súa intervención.

Luis Bará

O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará Torres.

Francisco Presas

Francisco Presa, interpretando ao Zeca Afonso.

Danza

Grupo de Danza do IES da Sangriña

danza

danza

danza



Volver a InfoRosal.com


Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
© InfoRosal - Reportaxe optimizada para unha resolución 800 x 600 píxeles.