InfoRosal.com

Volver a InfoRosal.com :: Ir a Reportaxes


Campaña de Nadal de 'ábaco'

Reportaxe e textos de 'ábaco'

Decembro 2007

O grande éxito da campaña de Nadal de ‘ábaco’ supera todas as súas expectativas

nadal ábacoA Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ manifestou a súa grande satisfacción ao ver superadas con grande éxito todas as súas expectativas na actual campaña de Nadal que está a levar a cabo na vila da Guarda. A presenza dos nenos nas galerías da Praza Nova, a boa acollida do sorteo semanal dun cheque valorado en 500 euros e un tren que percorre durante tres días A Guarda son os elementos fundamentais dunha campaña gratuíta que non tivo custe algún para os seus asociados e que culminará coa participación na cabalgata de Reis da vila coa aportación dunha carroza. O agradecemento dos asociados, comerciantes en xeral e cidadáns son proba disto.

Máis de 1.500 nenos visitaron ao Papá Noël das galerías da Praza Nova nos días 22 e 23 de decembro que estivo atendendo as peticións dos pequenos, superando o número de asistentes con respecto ao pasado Nadal. Entre os debuxos depositados no Boneco de Neve de ‘ábaco’, pasado o Nadal procederase á elección dos mellores, que terán como recompensa unha Nintendo DS, unha cámara de fotos dixital, un MP4 e un xogo educativo. Ademais, durante estes días estivo exposto un Belén por xentileza do Padre Vidal (PP. Somascos) e Mobles Sousa.

nadal ábacoNo transcurso destas actividades para o público, tiveron lugar tres sorteos semanais de cheques valorados en 500 euros. O primeiro tivo lugar no restaurante Roxo e a agraciada foi Isabel Martínez Rodríguez, cun boleto cuberto na Polería Hermanas  Vaquero, da Praza de Abastos. O segundo sorteo realizouse nas galerías da Praza Nova e Miguel Vaquero Rocha foi o gañador desta ocasión, cunha papeleta da bocatería O Funil. E o terceiro e último premio foi para Nélida Rodríguez Giráldez, quen cubriu un boleto na cervecería La Casilla, cun sorteo que se materializou na panadería Volován. Todos eles dispoñerán de 500 euros para gastar en alo menos tres establecementos asociados a ‘ábaco’.

Por outra banda, o tren que durante os días 26, 27 e 28 de decembro percorreu a vila da Guarda creou ilusión e un gran ambiente de Nadal e de lecer no pobo, como así llo fixo saber a xente, posto que, a pesar do moito frío destes días, formaron grandes colas durante o horario de mañá e de tarde. Por iso, tres membros da asociación tiveron que estar regulando a grande afluencia de xente en todo momento, a cal tivo que facer as súas compras nos establecementos asociados para facerse co seu billete. Valoran esta iniciativa emprendida pola asociación como “un grande éxito e un gran nadal ábacoacerto para romper coa monotonía á que estamos expostos”. Esta iniciativa tivo gran aceptación por todo o comercio e o público en xeral, e será tida en conta para o ano que vén, con máis tempo e máis vagóns. Ademais, ‘ábaco’ xa está barallando a posibilidade de facer unha campaña cun tren noutra época do ano, xa que houbo xente que non puido viaxar, polo que piden disculpas.

Nun Nadal pensado para os máis pequenos, ‘ábaco, en colaboración con Planet Park (nas galerías da Alameda, na antiga sala de xogos), regala pases de desconto xunto ás compras nos establecementos asociados para poder gozar de inflables, bolas, karaoke e outras actividades ata o 5 de xaneiro.

Como remate da campaña de Nadal, quedalle pendente aínda  a súa participación na cabalgata de Reis da Guarda por segundo ano consecutivo e como representación dos comerciantes da Guarda. Ambientada na película de Tim Burton Charlie y la fábrica de chocolate, a carroza de ‘ábaco’ repartirá miles de caramelos, agasallos e moitas máis sorpresas, para que a xente se quede no pobo e non busque fóra o que pode atopar na Guarda.

Entre os plans da asociación ábaco están as campañas de divulgación e promoción do comercio, sempre polo ben e a favor dos seus asociados, entre outros proxectos.  

Continúa exposta a pantalla na que se promocionan os establecementos asociados nun dos escaparates das galerías da Praza Nova, co agradecemento a Milar – Tele Son pola prestación dos medios necesarios para a proxección. Tamén está pendente o concurso de escaparates, cuxo nome do ganador será coñecido tras o Nadal.

Dende ‘ábaco’ mostran o seu agradecemento total á Consellería de Innovación e Industria pola súa aportación a toda esta campaña.

Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’
Rúa Manuel Lomba, 7  (A Guarda)
Tel. 699 240 467


nadal ábaco

nadal ábaco   nadal ábaco

nadal ábaco

nadal ábaco   nadal ábaco

nadal ábaco   nadal ábaco

Participantes no tren de 'ábaco'. Na imaxe da dereita, o primeiro tivo lugar no restaurante Roxo e a agraciada foi Isabel Martínez Rodríguez, cun boleto cuberto na Polería Hermanas  Vaquero, da Praza de Abastos

nadal ábaco   nadal ábaco

O segundo sorteo realizouse nas galerías da Praza Nova e Miguel Vaquero Rocha foi o gañador desta ocasión, cunha papeleta da bocatería O Funil. E o terceiro e último premio foi para Nélida Rodríguez Giráldez, quen cubriu un boleto na cervecería La Casilla, cun sorteo que se materializou na panadería Volován.



Volver a InfoRosal.com


Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
© InfoRosal - Reportaxe optimizada para unha resolución 800 x 600 píxeles.