InfoRosal.com

Volver a InfoRosal.com :: Ir a Reportaxes


XX Festa de Lembranza aos "Cabaqueiros"

InfoRosal.com

12 de outubro de 2007

O pasado venres celebrouse no Rosal a vixésima edición da festa en lembranza dos cabaqueiros, un oficio que durante moitos anos exerceron os homes e mozos do Rosal e da parroquia guardesa de Salcidos sobre todo.

Nesta edición, o pregoeiro foi  o profesor e poeta José Carlos Gómez Alfaro, bisneto de donos dunha pequena telleira na Groba (Ribadavia), que foi presentado pola concelleira de Cultura dona María Rosario Tabales Perozo. Lembrou as súas vivencias da nenez, cando via aos cabaqueiros da telleira dos seus familiares "elaborar cabacas (trellas) e toupos (ladrillos) de sol a sol, ou de estrela a estrela". Previamente, o alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, agradeceu a presenza do público asistente e aos cabaqueiros participantes por serén “o puntal da festa”.

Entre os cabaqueiros participantes estaban Manuel Rodríguez "Trintiña", Manuel Enrique "Pedra", Serafín Diego Rodríguez, Esteban Vicente Rodríguez, Jesús Ferreira, Benito Martínez Goce e Bernardino Ferreira Ferreira, entre outros.


alcalde                 Concelleira Cultura

O Alcalde do Rosal, dando a benvida aos asistentes e aos cabaqueiros, o seu lado a concelleirade Cultura, María del Rosario Tabales. A dereita, a concelleira de Cultura presentando ao pregoeiro, José Carlos Gómez Alfaro.

Pregoeiro     pregoeiro e concelleiros

Dous momentos da lectura do pregón, coa presenza do Alcalde e concelleiros.

Banco e oficial     Oficial fincado no banco

Os cabaqueiros, "O Pedra" e "O Cuncho", esperan a finalización da presentación do acto a beira dos bancos, para comenzar a facer as primeiras "cabacas", co barro xa presto.

Manuel Enríquez González (Pedra)

Manuel Enríquez González (Pedra) en plena faena.

Cuadrilla

O oficial disposto a deixar a "cabaca" na forma do tendedor, para que este a deixe na eira.

tendendor     vista xeral

O tendedor, coloca as "cabacas" na eira, onde terán que secar. Na imaxe da dereita, podemos ver a unha cuadrilla en plena acción, baixo a atenta mirada do público asistente a beira da improvisada eira coas tellas (cabacas) e toupos (ladrillos) tendidos.

eira cha de cabacas e toupos

A eira coas tellas e ladrillos tendidos ao sol.

vista xeral

Vista xeral da telleira improvisada, que traballou "a dous bancos" e do público asistentes.

Cabaqueiros participantes. Foto de lembranza

Finalmente, os cabaqueiros que participaron na festa, fixeron a tradicional foto de lembranza.



Volver a InfoRosal.com


Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
© InfoRosal - Reportaxe optimizada para unha resolución 800 x 600 píxeles.