InfoRosal.com

Volver a InfoRosal.com :: Ir a Reportaxes


Mostra de Escultores e XXV Exposición de Pintura

(Tomiño)

InfoRosal.com

O concello de Tomiño, con motivo das festas do Alivio, inaugurou o pasado 1 de setembro, a Mostra de Escultores e a XXV Exposición de Pintura. A primeira no Salón de Plenos e a segunda na Casa de Cultura.

Na Mostra de Escultura participan os escultores tomiñenses, Xosé Antúnez Pousa, Jesús Vázquez Pardo “Xuxo”, Magín Picallo Durán e Nando Álvarez cunha selección das súas obras.

Na exposición de pintura, puidose comprobar o bo estado desta disciplina artística en Tomiño, pois, ademais de levar xa 25 anos coa mostra, o número de participantes chegou aos 38, dos cales, 17 erán xa veteranos, como Jesús Jáuregui, Eulalia Portela Jackson, José Mera, … e máis de vinte artistas noveles cun futuro prometedor.

Deixamos aquí una reportaxe dos momentos das inauguracións por parte do Concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira, e da Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, ademais doutras autoridades municipais.

Castiñeira e Sandra

O Concelleiro Delegado de Cultura, Jesús Castiñeira e a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, na inauguración da Mostra de Escultores de Tomiño.

escultores   escultura

Na imaxe da esquerda, os escultores Xosé Antúnez Pousa, Magín Picallo, Nando Álvarez e Jesús Vázquez "Xuxo" detrás dunha obra de Nando Álvarez. A dereita, escultura de Antúnez Pousa, coa alcaldesa, e concelleiros do goberno municipal ao fondo.

escultura   escultura

Esculturas de Magín Picallo en bronce.

escultura   escultura

Escultura en metacrilato de "Xuxo" Vázque e en granito de Antúnez Pousa.

escultura

Obra de "Xuxo" Vázquez en aceiro inoxidable.

exposición de pintura

Momento da inauguración da Exposición de pintura na Casa de Cultura. De esquerda a dereita, Uxio Benítez, Sandra González Jesús Castiñeira e Pablo Baquero.

publico   pintura

Público asistente á inauguración e mostra dalgunhas das obras expostas.

pintura

pintura

pintura   pintura

1 de setembro de 2007


Volver a InfoRosal.com


Creative Commons License
Os contidos desta web están baixo unha licenza Creative Commons salvo que se indique o contrario.
© InfoRosal - Reportaxe optimizada para unha resolución 800 x 600 píxeles.