Reportaxe: InfoRosal.com
O concello de Tomiño deixou de ser o pasado sábado un dos concellos do Baixo Miño onde aínda perduraban como nomes de rúas as de personaxes franquistas tales como José Antonio ou Generalísimo, que foron sustituidos polo de Rúa Gondomar, como popularmente é coñecida.
O acto asistiron membros do grupo de goberno de Tomiño, así como concelleiros de Alternativa Tomiñesa, o Alcalde de Gondomar, Antón Araúxo, e tamén se puido ver ao deputado autonómico do BNG, Paz Antón e numerosas veciñas e veciños.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu a presenza dos asistentes e manifestou que “era un bo día, un día de ledicia, de avance cara ao futuro, de xustiza histórica” no que se pechaba un capítulo da historia “moi doloroso para a maoría de galegos e galegas de ben que botando a vista atrás se dan conta da dureza e do sinsentido daquel tempo de dictadura”. Dixo que con este acto de cambio de nome retirábase un vestixio humillante do réxime franquista, enterrando definitivamente “a Avenida Generalísimo e a rúa José Antonio e dámoslle a benvida calorosa, nesta fría mañán de dececembro, á rúa Gondomar”.
Acto de xustiza
Sandra González engadiu que non era só un acto simbólico, senón que era un acto de xustiza e de respeto as vítimas “que deron a vida por defender a democracia e a liberdade ou que viviron marcados pola represión, pola dor e pola humillación”.
Nese senso, manifestou que “aquel pobo que desocoñece a súa historia está condenado a repetila e iso é o que temos que evitar” e rematou lembrando que con “este acto sinxelo queremos constatar de xeito claro e firme que a democracia tamén chegou a Tomiño e que un pobo moderno e con orgullo de seu como é o noso non pode ter colgadas nas súas rúas nomes de aldraxe e represión. Miremos cara ao futuro e comencemos a construilo pechando etapas, de vagar pero sen pausa, tendo claras as metas, pero sen esquecer de donde vimos e o que somos”.
De seguido tomou a palabra o alcalde de Gondomar, Antón Arauxo, quen felicitou ao concello de Tomiño pola retirada dos símbolos franquistas e agradeceu que o novo nome das rúas fora, o do concello que el goberna, adiantando que terán en conta esa deferencia hacia eles para ser correspondida como se merece.
Seguidamente, a alcaldesa procedeu a retirar a placa da rúa José Antonio e a descubir a nova placa onde figura o novo nome, Rúa Gondomar.

O alcalde de Gondomar, Antón Arauxo, e o concelleiro de Urbanismo e Facenda de Tomiño, Uxio Benítez, momentos antes da inauguración da nova rúa Gondomar. Na imaxe da dereita, o público asistente, o concelleiro de Vias e Obras de Tomiño, Francisco Campos, o ex-edil do BNG, Lito Oliveira, o deputado autonómico do BNG, Paz Antón, o concelleiro de Alternativa Tomiñesa, Jaim e Pichel e o alcalde de Gondomar.

As pandereteiras de Sobrada, iniciaron os actos coa interpretación dunha peza popular. Despois da intervención da Alcadesa de Tomiño, Sandra González, cedeulle a palabra ao alcalde de Gondomar, Antón Arauxo, momento que recolle a imaxe da dereita.

Concelleiros e concelleiras do grupo de goberno de Tomiño. Santiago Vergara, Uxio Benítez, Xaquin Villadangos, Francisco Campos e Xulia Cascón

Momento no que a alcaldesa procede a retirada da placa da rúa José Antonio

Retirada da placa

Momento no que a Alcaldesa, Sandra González, procede a descubrir a placa co novo nome da rúa

A Rúa Gondomar, quedou oficialmente inaugurada