Reportaxe de Raúl Lago e Laureano Muiños
Como cada ano, en Sobredo, na parroquia de Guillarei (Tui), volveuse a conmemorar aos Mártires de Sobredo, Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez Besada e a Venancio González Romero, que foron asesinados polas forza pública, no 28 de novembro de 1922, ao disolver unha manifestación de apoio a un veciño ao que ian embargar os seus bens, por se negar a pagar os foros. Hoxe son símbolo da loita campesiña contra os foros, aos que todos os anos, na última fin de semana de novembro, se conmemoran .
Este ano cumprianse 85 anos da súa morte a tiros pola Guarda Civil, mais a súa loita non foi esquecida, e, organizado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais 'Rosalía de Castro' e máis a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, un ano máis, rendiuselle homenaxe aos Mártires de Sobredo.

Despois de se concentrar na Carballeira de San Xosé, os asistentes dirixense cara ao monumento en Sobredo

Lenda a beira do Monumento aos Mártires de Sobredo, no que se pode ler a data na que foi erguido, derrubado no 36 e posto en pe de novo o 27 de novembro de 1.988

Monumento aos Mártires de Sobredo e momento da presentación do acto.

Intervención de Xosé Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común

Outro momento das intervencións

Intervención do alcalde de Salceda, Marcos Besada. Tamén se pode ver aos alcaldes de Porriño e Gondomar.


Finalizado o acto, os asistentes cantaron o himno galego


O acto rematou con música tradicional galega e festa.